“Disque a vida cómpre conquistala loitando”. Antón Luaces

07 Outubro 2025

Defender a vida é unha obriga. Non facelo é renunciar a ser en cuestións fundamentais para o    humano coma integrante dunha especie chamada a cumprir co dereito fundamental de ser feliz.

E non se trata, non, de se integrar no selecto grupo minoritario que manexa máis ou menos o mesmo  capital que aquel do que pode dispor o 80% da poboación mundial. 

Mais no mundo mantense a desigoaldade permanente que sempre marca amplos territorios de África, Asia, Centro e Suramérica e parte de Oceanía. É a poboación dos países integrantes destes continentes a que paga con fartura a fame – aínda que pareza un contrasentido-  que padecen secularmente.

Velaí Palestina e o que o goberno israelí está a facer cos seus habitantes, nomeadamente na faixa de Gaza, apoiado nesa especie de omnipotencia que semella corresponder ao presidente norteamericano Donald Trump, candidato in voce ao premio Nobel da Paz, ocorrencia só ao alcance de quen ousou asar a manteiga e que xoga co seu capital en contra dos intereses da maior parte do planeta Terra coma se esta fose súa.

O pobo palestino, a quen os representantes das nacións vencedoras da II Guerra Mundial concederan facer realidade un soño que non era outro que ter unha terra de seu, chegou a crer que a súa Terra Prometida era compatible coa que correspondía a Israel en aplicación das mesmas concesións. 

Camiño dese soño incumprido dende o principio de todos os soños, máis ou menos medio milleiro de confesos soñadores cunha Palestina Libre conformaron tripulacións de emerxencia para unha “flotilla” que puxo proa a Gaza sen ter en conta que o mar é mollado e que quen o molla nesa zona son Netanyahu e Trump. 

Os palestinos nacen para morrer e non defenden a súa vida para chegar porque teñen coma destino entregala para que xente coma Netanyahu e Trump soñen co mesmo Nobel da Paz que un día se entregou tamén a Henry Kissinger, tramoista da guerra de Vietnam.

A bandeira do compromiso non sempre serve, motivo polo que centos de nenos morren en Gaza pola metralla e a fame negra que o dúo Trump-Netanyahu lles serve por terra, mar e aire.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.