Diego Calvo reúnese con alcaldes e portavoces do Barbanza para reforzar o proxecto do PP na comarca

15 Outubro 2025

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral, Evaristo Ben, mantivo unha reunión comarcal con alcaldes e portavoces do PP na zona do Barbanza.

Este encontro forma parte dunha rolda de reunións que a dirección provincial do partido levará a cabo nas próximas semanas por distintos puntos da provincia, co obxectivo de reforzar a presenza do PP no territorio e escoitar directamente aos representantes locais.

Durante a cita, Calvo quixo coñecer de primeira man os problemas e necesidades que afectan aos distintos concellos da comarca. Así mesmo, trasladou unha mensaxe clara: “é fundamental seguir traballando a pé de rúa con todos os veciños para afrontar con garantías os próximos comicios municipais”.

O líder provincial insistiu na importancia de fortalecer a acción política local para as eleccións que se celebrarán en menos de dous anos. Neste sentido, o Partido Popular confía en recuperar varias das alcaldías que perdeu no Barbanza e consolidar as que actualmente goberna.

Desde a dirección popular sublíñase o compromiso do partido cos municipios e a vontade de manter un contacto constante cos cargos locais para preparar unha estratexia sólida para as próximas citas electorais.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.