Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresas respaldan a campaña MercaNaVila da Deputación

15 Outubro 2025

O Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresas prestan apoio a campaña MercaNaVila da apoio ao comercio local da Deputación da Coruña. O tenente de alcalde, Luis Ruiz, e o concelleiro de Comercio, Roberto Lojo, reuníronse con Daniel García, presidente da ABE; e o seu xerente, Tomás Estévez, para traballar no apoio a esta campaña.

Esta iniciativa, dotada dun investimento de 6 millóns de euros, está dirixida a fortalecer o pequeno comercio nos municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes co obxectivo de dinamizar o tecido comercial nas localidades máis pequenas.

Poderán descargar o bono con 100 euros de descontos directos todas as persoas consumidoras maiores de 18 anos sexan do concello que sexan.

Poderán adherirse os comercios dos concellos de menos de 20.000 habitantes, como é Boiro, dende o 6 ao 20 de outubro mediante a web mercanavila.gal.

O Concello de Boiro e a Asociación Boirense de Empresas traballan da man para facilitar a información a comercios e veciñanza para poder adherirse ao programa e beneficiarse dos descontos, así como programar outras actividades que incentiven o comercio local durante a campaña.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.