Comeza un novo curso das aulas de educación secundaria para persoas adultas do Concello de Boiro

02 Outubro 2025

A concelleira de Ensino de Boiro, Carmen Silva, participou no acto inaugural das Aulas de Educación Secundaria para persoas adultas do Concello de Boiro para o curso 2025-2026. Estas ensinanzas están destinadas a persoas maiores de 18 anos que non teñen o título da ESO.

As aulas de educación secundaria para persoas adultas ofrecen a posibilidade de adquirir, desenvolver ou complementar os coñecementos e aptitudes do alumnado para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

A concelleira animou ao alumnado este mércores 1 de outubro no inicio do curso: “As aulas de adultos son unha experiencia moi enriquecedora pois, ademais de obter un título, aquí créanse lazos e relacións entre persoas que se axudan unhas a outras e que vai favorecer o voso desenvolvemento persoal”.

Entre os obxectivos específicos destas aulas están os de adquirir e actualizar a formación básica, mellorar a cualificación profesional, adquirir novos conceptos, técnicas e habilidades para unha adaptación ao mundo laboral actual.

A aula de educación secundaria para persoas adultas do Concello de Boiro está adscrita ao IES San Clemente de Santiago de Compostela e o profesorado do centro desprázase á dita localidade do Barbanza para as avaliacións.

Participan nestas aulas un total de 50 alumnos e alumnas entre os catro módulos: 1º, 2º, 3º e 4º. Cada un dos módulos consta de ámbito científico- tecnolóxico (matemáticas, bioloxía e física), ámbito lingüístico (galego, castelán e inglés ou francés) e ámbito social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.