Charo Pita propón este sábado un contacontos para a rapazada de Boiro: “Da cabeza aos pés”

10 Outubro 2025

Este sábado 11 de outubro haberá en Boiro, na Biblioteca Municipal (Centro Social de Boiro) unha nova sesión de narracións orais: o contacontos Da cabeza aos pés, a cargo de Charo Pita: unha actividade encadrada no programa autonómico das bibliotecas Ler Conta Moito. Será este sábado 11 de outubro ás 12.00 horas na Biblioteca de Boiro. As prazas serán limitadas e haberá que facer as reservas na propia Biblioteca ou no 981 84 84 10.

Neste espectáculo de contos pasaremos revista a algunha desas capacidades marabillosas que nos emparentan con distintos tipos de animais, relatos de procedencia diversa cuxos protagonistas posúen a mirada aguda da aguia, a forza descomunal do oso, o correr elegante da gacela ou a axilidade do lince.

Tamén haberá espazo (e tempo) para as fábulas onde os personaxes serán os propios animais: “Cantaremos cancións para que o vento traia a choiva e, sobre todo, viaxaremos en palabra para coñecer e coñecernos a través das historias”, avanza Charo Pita.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.