Baroña e Froxán acollen este fin de semana o encontro galego-portugués do proxecto Erasmus+ “De monte a monte: territorios resilientes”

23 Outubro 2025

O proxecto europeo “De monte a monte” realiza un encontro intercomunitario entre Galiza e Portugal en Baroña (Porto do Son) e Froxán (Lousame) o fin de semana do 25 e 26 de Ouutbro

As comunidades de montes veciñais de Baroña (Porto do Son) e Froxán (Lousame) serán escenario este fin de semana dun novo encontro do proxecto europeo Erasmus+ “De monte a monte: territorios resilientes”, no que participarán arredor de cincuenta persoas procedentes de distintos puntos de Galicia e Portugal.

A iniciativa, promovida polas entidades Fundación Montescola e Verdegaia (Galicia) e Veredas da Estrela (Serra da Estrela, Portugal), ten como obxectivo promover a formación, o intercambio e o traballo colaborativo entre comunidades rurais dos dous países, centrado na loita contra as especies exóticas invasoras e na construción de territorios máis resilientes fronte ao cambio climático, os incendios forestais e a perda de biodiversidade.

O encontro de Baroña e Froxán servirá como devolución da visita realizada polas brigadas galegas á Serra da Estrela en abril e maio deste ano. As actividades desenvolveranse o sábado 25 e o domingo 26 de outubro, combinando traballos prácticos, formación forestal e espazos de debate intercomunitario.

Programa de actividades

Sábado 25 (Baroña)

  • 09:30 | Xornada de voluntariado (eliminación de rebrotes de eucalipto e acacia) e visita ao monte.
  • 16:30 | Visita ao Castro de Baroña e á praia de Area Longa.
  • 19:00 | Sesión de debate intercomunitario.

Domingo 26 (Froxán)

  • 10:00 | Voluntariado e formación práctica en poda e manexo forestal.

As persoas participantes poderán contrastar experiencias e técnicas de control de especies invasoras, así como coñecer exemplos de xestión comunitaria do monte en Galicia e Portugal. Ademais, recibirán unha acreditación pola formación recibida ao finalizar as xornadas.

O proxecto, que se desenvolverá entre setembro de 2024 e abril de 2026, inclúe xornadas teórico-prácticas, obradoiros, palestras, inventarios de biodiversidade (bioblitz) e dous encontros intercomunitarios a cada lado da fronteira.

Sobre o programa Erasmus+

Erasmus+ é o programa europeo de educación, formación, xuventude e deporte para o período 2021-2027. Ten como finalidade mellorar o desenvolvemento persoal e profesional da cidadanía, reforzar a cohesión social e fomentar o crecemento sostible e a empregabilidade.

O proxecto “De monte a monte: territorios resilientes” enmárcase na Acción Chave 2 – Parcerías de pequena dimensión (KA2) e está financiado pola Unión Europea. As opinións expresadas son responsabilidade exclusiva das entidades participantes e non reflicten necesariamente as da Unión Europea.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.