Baroña e Froxán acollen esta “finde” dúas xornadas de deseucaliptización impulsadas polo Laboratorio Ecosocial do Barbanza e Montescola

21 Outubro 2025

A vindeira fin de semana, sábado 25 (Baroña, Porto do Son) e domingo 26 de outubro (Froxán, Lousame), o Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza dúas xornadas de voluntariado para a eliminación de eucalipto no monte, seguidas dunha visita ambiental.

A actividade é aberta a todos os públicos e, ao rematar, ofrecerase xantar de albaroque ás persoas participantes.

As inscricións cómpre facelas enviando un correo a info@montescola.org ata este mércores 22 de outubro.

Trátase dunha actividade impulsada polo Laboratorio e coordinada por Montescola, entidade cunha ampla experiencia en materia de deseucaliptización e eliminación de acacias. Contarase coa colaboración da Comunidade de Montes de Baroña e da Comunidade de Montes de Froxán (Lousame).

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do MITECO e está coordinado pola Fundación RIA.

O obxectivo é fomentar a participación cidadá na restauración de ecosistemas degradados e sensibilizar sobre os impactos das plantacións de eucalipto nos montes galegos.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Coordinado pola Fundación RIA, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto dedicado a promover a transición cara á sustentabilidade ambiental e a fortalecer a resiliencia na xestión territorial dos montes do Barbanza.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.