“Axudas económicas para a instalación de equipos de localización de pesqueiros de entre 12 e 15 metros de eslora” – Antón Luaces

06 Outubro 2025

A medida, da que se poden beneficiar 600 barcos que faenan no caladoiro nacional, facilita o cumprimento da nova normativa comunitaria de control pesqueiro. As axudas están financiadas polo FEMPA e poden solicitarse ata o día 1 de decembro na páxina web do Ministerio de Agricultura e Pesca.

O BOE do 6 de outubro publicou as bases reguladoras e a convocatoria 2025 das axudas para a adquisición e instalación de equipos de localización (caixas azuis) en buques pesqueiros de 12 a 15 metros de eslora.

Estas axudas están financiadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

Ata o de agora só os barcos de máis de 15 metros de eslora estaban  obrigados a contar con este dispositivo, pero coa modificación do regulamento de control, amplíase a esixencia aos buques de 12 metros ou máis.

O Ministerio ofrece esta liña de subvencións para facilitar a adaptación especialmente a micropemes, que son a maioría neste segmento da frota. As axudas cubrirán os custes de compra, instalación e posta en marcha dos citados equipos de localización. Estímase en 600 o número de embarcacións que operan no caladoiro nacional que poderán acollerse a esta medida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.