ASANOG e Peñas Boiro programan unha cea solidaria para a recadación de fondos o 8 de novembro

08 Outubro 2025

Peñas Boiro AC organiza o vindeiro sábado 8 de novembro unha cea solidaria en beneficio de ASANOG. A concelleira, María Outeiral, participou este mércores 8 de outubro na presentación xunto con David Laíño, presidente de Peñas Boiro AC; e Yenny Rodríguez, coordinadora de ASANOG.

A cea terá lugar no restaurante Chicolino ás 22.00 horas e contará con animación musical e sorpresas. O prezo da cea é de 50 euros e doarase un 10% a ASANOG ademais de todo o recadado coas rifas que se venderán durante a cea para o sorteo dunha viaxe. “A andaina que fixemos para recadar fondos foi un éxito e queremos seguir facendo actividades nesta liña para recadar fondos para axudar a entidades e asociacións con fins sociais”, afirmou David Laíño.

A Asociación de Cáncer Infantil e Xuvenil de Galicia ten como finalidade prestar apoio e asistencia ás familias de nenos e nenas oncolóxicos.

“Estamos moi agradecidos co gran apoio que recibimos en Boiro coa colaboración en actividades coma esta”, recoñeceu Yenny Rodríguez.

Pola súa parte a concelleira María Outeiral agradeceu “o compromiso de asociacións culturais como Peñas Boiro AC con entidades sociais como ASANOG que leva a cabo un gran traballo cos nenos e nenas e as súas familias”.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...