As persoas emprendedoras que transforman (e transformarán) o rural teñen unha cita este xoves no Pazo de Martelo, en Rianxo

28 Outubro 2025

Rianxo acolle este xoves 30 de outubro unha xornada informativa de desenvolvemento e emprendemento rural sobre as axudas LEADER 2026 organizada polo GDR Deloa concibida para persoas emprendedoras, entidades e iniciativas con ganas de transformar o territorio. Desenvolverase baixo o epígrafe Voces que transforman o rural.

Contarase con promotores/as locais que compartirán as súas experiencias reais con proxectos financiados polo LEADER. Será, en palabras da organización “unha oportunidade única para inspirarnos e resolver dúbidas”. A cita está prevista para as 17.30 horas deste xoves, no Pazo de Martelo. A asistencia é de balde aínda que con prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse a través da web de Deloa.

Máis información en deloa@deloa.es ou a través do 981 817 000.

O obxectivo é poñer en valor diferentes voces do territorio como ferramenta clave para o desenvolvemento rural. Na sesión debullaranse os detalles do proxecto Mulleres que Conta (proxecto de cooperación coa intervención de Xosé A. Touriñán) e contarase coa presenza de Cristina Pazos (propietaria de Dubraseda SL, en Noia), Fran Dosil (Atmos Hotel, de Outes) e Alicia Romero (responsábel de administración da asociación inclusiva Ambar). Haberá unha actuación musical a cargo de Amaiante (grupo de música tradicional de Rianxo). A xornada rematará cun espazo aberto e con petiscos.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.