As Festas do Carme de Leiro contarán coa París de Noia, Saudade e Claxxon

03 Outubro 2025

A vindeira fin de semana, do 10 ao 12 de outubro, vanse celebrar na parroquia rianxeiro de Leiro as Festa do Carme 2025. Arrincarán o venres 10 de outubro cunha verbena nocturna a cargo de París de Noia. A noite tamén contará coa presenza de Chocolate Disco Móbil e Tito Maverick.

O sábado 11, xornada adicada a Santa Bárbara, comezar coa Foliada do Montiño e cunha misa cantada, rematada cunha sesión vermú a cargo de Alddara. Pola tarde haberá actividades para a rapazada a partir das 17.00 horas, con Leirolandia nas pistas do CCVV. Tamén haberá tren turístico pola parroquia. Pola noite a verbena virá da man de Saudade e Claxxon.

O domingo 12, xornada adicada á Virxe do Carme, comeza con dianas e alboradas a cargo da Foliada do Montiño. Logo da misa cantada, virá unha sesión vermú coa Banda da Escola de Música. A verbena virá da man do Trío Arena.

Organiza a Comisión de Festas de Leiro coa colaboración do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...