Arde en augas de Angola o pesqueiro “Noruego”, antigo palangreiro de Ribeira

16 Outubro 2025

O pesqueiro Noruego quedou completamente calcinado tras un incendio rexistrado este xoves en augas de Angola. O barco era ata o pasado mes de agosto propiedade dunha coñecida familia de armadores de Ribeira.

Remitida

O lume desatouse pasado o mediodía, cando a tripulación detectou unhas chamas que avanzaban con rapidez desde a popa cara á ponte. Por fortuna, todos os tripulantes —entre eles catro galegos— puideron ser rescatados por un caiuco que se atopaba nas inmediacións. Algúns dos mariñeiros galegos forman parte da empresa propietaria do buque.

No momento do sinistro, dous dos tripulantes atopábanse na ponte de mando e os outros dous na sala de máquinas. As causas do incendio aínda non puideron determinarse.

Con casco de aceiro e 28 metros de eslora, o Noruegués fora matriculado en 2005. Durante anos dedicouse á pesca de peixe espada, formando parte da histórica frota de Ribeira especializada nesta modalidade, da que apenas quedan xa algúns exemplares.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...