Ambar abre en prevenda o seu calendario solidario 2026, adicado ás series de TV

29 Outubro 2025

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional lanza a prevenda da súa 11ª edición do Calendario Solidario co fotógrafo Pichero. Baixo a temática das series de televisión, este proxecto da entidade inclusiva do Barbanza busca “visibilizar e impulsar vidas independentes en comunidade”. O calendario, realizado ca participación activa das persoas usuarias de Ambar, combina a creatividade ca inclusión. Grazas a este proxecto Ambar poderá continuar co programa de Respiro Familiar, a través do cal as persoas con diversidade funcional poden participar en actividades na comunidade, pouco habituais na súa vida diaria.

Dende xa e de maneira anticipada, Ambar activa a reserva para garantir que todas as persoas interesadas poidan adquirir o seu exemplar. Esta modalidade de prevenda está dispoñíbel a través da páxina web da asociación, por teléfono, por correo electrónico ou achegándose ao seu Centro de Recursos (Frións, Ribeira).

Ambar lanza tamén unha edición especial: as primeiras 20 reservas recibirán un agasallo artesanal elaborado nos obradoiros de Ambar como agradecemento ó seu apoio.

Vías de Reserva e Contacto:

Web: Calendario Solidario 2026 (Opción de envío a domicilio ou recollida local).

Teléfono: 981 87 44 80

Email: comunicacion@asociacionambar.org

Ambar explica que “este proxecto chega á undécima edición demostrando que a creatividade e a inclusión camiñan da man”. E engade: “Cada calendario non é só unha homenaxe ás series e ó cine, senón unha ferramenta esencial para seguir construíndo unha sociedade máis xusta e inclusiva, onde a vida independente en comunidade sexa unha realidade para todas as persoas”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.