“Amancio Prada” – Xulio Xiz

29 Outubro 2025

Na casa, somos devotos de Amancio Prada desde hai máis de medio século; desde os tempos en que Darío Xohán Cabana me contaba que andaban os dous polos colexios universitarios de Madrid, verso a verso, facendo patria.

Darío, xaora, facía patria co galego, e Amancio tamén, que se era do Bierzo, a chamada Galicia irredenta, sen esquecer outros autores, tiña por norte Rosalía, e anda a cumprir agora os cincuenta anos do seu gran e primeiro disco rosalián.

Xa que en Burela abría a súa xira de celebración, a Burela fomos, para comprobar que hora e media de recital máis uns segundos de conversa, proporciónanme un choque vitamínico que conforta o espírito.

Neste eido do confort anímico acostumo a automedicarme, e Amancio, xunto con Mero e Mini que xa teñen nome de Auditorio, proporciónanme unha estabilidade, que redondeo con outras querencias, para ir tirando dentro dun ambiente musical que cada vez máis se me escapa.

A Amancio témolo (per)seguido por boa parte da xeografía galega desde hai anos. E sempre é sorpresa grata reencontrarnos para lembrar que lle organicei un par de concertos en Lugo hai agora corenta anos, dos que quedou moi contento e os lucenses máis, por coñecer en vivo e en directo o gran cantor berciano convertido ao noso por amor a Rosalía.

Amancio segue en pé de canción, cun espectáculo amancio-rosalián, coas cancións de sempre e outras de nova creación, que conquistan a un público xa previamente entregado – devotos pola súa música -, e que a min paréceme que en todos produce ese efecto benefactor que, a falta de outra denominación técnica, hai que incluílo entre as vitaminas naturais.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.