Accidente sen feridos na avenida das Carolinas (Ribeira) e limpeza de vía en Punta Palleiro (Rianxo) por mor dun accidente

21 Outubro 2025

Axentes da Policía Local e efectivos de garda do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal (GAEM) foron mobilizados este martes 21 de outubro polo CIAE 112 para asistir ás persoas implicadas nun accidente sen feridos na avenida das Carolinas, á altura da rotonda que dá acceso ao porto deportivo.

Ademais, Protección Civil de Rianxo informou dun accidente na estrada de Rianxo a Isorna (estrada provincial DP-3301) á altura do alto de Palleiro. No sinistro, rexistrado este luns 20 pola tarde, foi vertida unha cantidade importante de gasóleo, que motivou que os efectivos de Protección Civil tivesen que traballar arreo este martes 21 na limpeza do firme para evitar máis accidentes. O vertido estendeuse dende a saída de Leiro até a contorna da ponte de Catoira. Traballaron na zona, tamén, os bombeiros do Parque de Boiro e traballadores da firma de mantemento da rede viaria da Deputación. A mancha estendíase ao longo de preto de catro quilómetros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.