A Xunta destaca un investimento de máis de seis millóns de euros para conservar os bancos marisqueiros da ría de Arousa

08 Outubro 2025

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, puxo en valor o esforzo da Xunta de Galicia no mantemento e conservación dos bancos marisqueiros da ría de Arousa. Fíxoo no marco da Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego, onde salientou que a Administración autonómica leva destinado máis de seis millóns de euros a este fin dende o ano 2024.

Estes fondos distribúense a través das diferentes ordes de axudas do Plan de Competitividade e Sustentabilidade do Marisqueo, así como mediante o modelo de cogobernanza co que o Goberno galego aborda a xestión pesqueira na comunidade.

Entre as actuacións financiadas destacan:

  • 4,35 millóns de euros destinados a reforzar a xestión sustentable da pesca costeira artesanal;
  • 1,35 millóns de euros para a restauración da biodiversidade e os ecosistemas mariños;
  • 278.000 euros en axudas para a rexeneración e mellora da produtividade dos bancos marisqueiros.
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez

Actuacións específicas na Ría de Arousa

Durante os anos 2024 e 2025, leváronse a cabo diversos traballos de conservación e restauración dos ecosistemas mariños na ría, enmarcados dentro dunha actividade marisqueira respectuosa co medio.

En 2024, continuouse co seguimento da mortalidade da ameixa babosa mediante caixas de exclusión fondeadas no banco do Bohído. Ademais, na Enseada do Grove, retiráronse adultos e ootecas de murícidos (especies alóctonas como o Busano e a Canilla), debido á súa elevada densidade poboacional.

En 2025, no mesmo banco do Bohído, realizáronse traballos de remoción do substrato en 1.200 metros cadrados durante a primavera e o outono, xunto con sementeiras ao norte da zona intervida: máis de 377.000 unidades de ameixa babosa e 22.500 de ameixa xaponesa foron sementadas. Ademais, intensificouse a retirada de murícidos na Enseada do Grove, cun aumento do 40% respecto ao ano anterior.

Investigación e rede REDEMAR

A directora xeral tamén destacou o papel clave da REDEMAR, a rede creada pola Xunta que conecta ao sector pesqueiro cos organismos científicos. Grazas a ela estanse a desenvolver proxectos como:

  • Redecos (monitorización de parámetros ambientais costeiros),
  • Resalber (resistencia á salinidade no berberecho),
  • Ecosistémica24 (enfoque ecosistémico no marisqueo),
  • Calimar (calidade do medio mariño litoral),
  • Octosan (saúde e desenvolvemento do polbo común).

Así mesmo, a Consellería do Mar, a través dos seus centros científicos, está a investigar os factores que provocaron a caída da produción marisqueira, coa finalidade de recuperar a capacidade produtiva tras circunstancias naturais excepcionais que afectaron á ría.

Importancia económica

O impacto económico do marisqueo continúa a ser relevante. En 2024, Galicia extraeu 3.729 toneladas de moluscos bivalvos, por un valor de 44,1 millóns de euros. No caso da ría de Arousa, comercializáronse 1.736 toneladas, con ingresos que superaron os 22 millóns de euros nas lonxas da zona.

A directora xeral subliñou que o traballo da Xunta, en colaboración co sector e os GALP, persegue garantir unha actividade marisqueira sostible, eficiente e respectuosa co medio ambiente, ao tempo que contribúe ao desenvolvemento económico e social das zonas costeiras.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.