A Xunta analiza co pósito de Rianxo medidas para impulsar a actividade pesqueira local

18 Outubro 2025

Mar estuda coa Confraría de Rianxo a revisión da regulación das capturas acciententais de molusco con arte de bou e un adianto da cota de sardiña

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, mantivo esta semana un encontro de traballo co patrón maior da Confraría de Pescadores de Rianxo co obxectivo de avaliar as necesidades do sector e impulsar a actividade marítimo-pesqueira da localidade.

Durante a reunión, ambos responsables abordaron diferentes cuestións de interese para o pósito, entre elas a posible regulación das capturas accidentais de molusco mediante arte de bou, así como a posibilidade de adiantar a cota de sardiña para os meses de novembro e decembro. Esta medida permitiría garantir a continuidade do traballo dos buques que non dispoñen doutras artes de pesca durante esa época do ano.

Cándido Rial destacou a vontade da Xunta de Galicia de manter un diálogo constante coas confrarías e de escoitar as súas propostas para dar resposta ás demandas do sector e reforzar a sustentabilidade e competitividade da frota galega.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.