A XI edición da ruta + Que Tapas de Barbanza Arousa vén con obradoiros, degustacións, agasallos e sorteos

29 Outubro 2025

Boiro acolleu este mércores 29 de outubro a presentación da 11ª edición da ruta de tapas Barbanza Arousa + Q Tapas, organizada pola Mancomunidade Barbanza Arousa, formada polos Concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira, cuxos responsábeis informaron que o comezo da + Q Tapas será esta vindeira fin de semana en Rianxo os días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro. Os establecementos participantes deste concello son: Xuntanza, Castelao, Vilar, R7, Costillar e Agrho da Corna.

A continuación a iniciativa trasladarase á Pobra do Caramiñal os días 14, 15 e 16; a fin de semana do 21, 22 e 23 celebrarase en Ribeira e a ruta de tapas deste 2025 concluirá no concello de Boiro os días 28, 29 e 30.

Nestas datas poderanse desfrutar obradoiros infantís de cociña guiados por un cociñeiro profesional, que achegarán ós máis pequenos ó valor do produto local dun modo lúdico e educativo. Para participar no obradoiro infantil de Rianxo hai que anotarse en liña.

Como é costume, os participantes poderán recibir agasallos mediante os “rasca e gaña” como tapas nos establecementos participantes, botellas de viño da IXP Barbanza e Iria e lotes de produtos locais.

A xeito de novidade, este ano achegarase unha páxina web oficial da ruta con información de cada tapa e establecemento, e mapa interactivo.

Ademais, sortearase unha cena para dous comensais entre todas as persoas que participen na elección da Mellor Tapa Barbanza Arousa 2025.

“Este ano contaremos coa participación de preto de 40 locais, que se suman con entusiasmo a esta iniciativa”, destacou Julián Bustelo, presidente da Mancomunidade Barbanza Arousa.

O obxectivo da Mancomunidade é “resaltar a riqueza gastronómica do territorio, así como os viños da IXP Barbanza e Iria, fomentando a actividade hostaleira en tempada baixa”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.