A XI Carreira Popular Concello de Rianxo obrigará a cortes de tráfico o sábado 1 de novembro

31 Outubro 2025

O vindeiro sábado, 1 de novembro, celebrarase a XI Carreira Popular Concello de Rianxo, que discorrerá polo centro urbano e a zona portuaria.

Co obxectivo de garantir a seguridade das persoas participantes, o tráfico será cortado temporalmente en distintas rúas do municipio nas franxas horarias indicadas.

Entre as 10:30 e as 13:30 horas, cortarase o tráfico nas rúas comprendidas entre o cruce da Praza Castelao e a rotonda do porto, afectando tamén ao Paseo da Ribeira, rúa Manuel Antonio, e aos paseos interiores dos xardíns e do Centro Histórico.

A partir das 11:45 e ata as 13:30 horas, aproximadamente, o corte de tráfico ampliarase ás rúas de Rinlo, Autores da Rianxeira, zona portuaria, Castillo, Carretera Tanxil (zona baixa) e todo o Centro Histórico.

Así mesmo, entre as 10:00 e as 13:30 horas, os autobuses realizarán a súa parada provisional na rúa Xosé Arcos Moldes (nas inmediacións do Bar Lar e do Colexio Castelao).

O Concello prega a colaboración da veciñanza e recomenda que, no caso de necesitar utilizar o vehículo durante esas horas, se retiren os coches das zonas afectadas con antelación suficiente para evitar esperas e contratempos innecesarios.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.