A V Andaina Solidaria JEALSA recada 6.153 euros en beneficio da Fundación STOP Leucemia

22 Outubro 2025

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, participou na mañá deste 22 de outubro na entrega do cheque coa recadación da V Andaina Solidaria JEALSA en beneficio da organización Stop Leucemia, fíxoo xunto con Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais da conserveira boirense JEALSA; e Carlos Pérez, bioinformático especializado na análise de datos biolóxicos para a mellora no diagnóstico e tratamento de enfermidades oncohematolóxicas, que recolleu o cheque en representación da Fundación.

Participaron nesta edición da andaina preto dun milleiro de persoas e lográronse recadar 6.153 euros. A directora de Relacións Institucionais de JEALSA agradeceu aos colaboradores e todos os participantes: “Logramos superar a recadación dos últimos anos que vai destinada a unha fundación galega que traballa dende Santiago na investigación da leucemia”.

O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a implicación da organización, colaboradores e de todos os participantes “por poñer o seu gran de area nesta causa solidaria e que redunda no beneficio de todos e todas”.

A Fundación Stop Leucemia traballa na loita contra o cancro hematolóxico a través da investigación. “Este diñeiro serve para que se siga mantendo a investigación que precisa tempo e constancia e que é fundamental para que cheque ao persoal médico e redunde nos pacientes”, afirmou Carlos Pérez.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.