A Pobra recollerá as testemuñas dos máis maiores para crear un mapa da memoria do municipio (Memoria dos Lugares)

03 Outubro 2025

As Concellerías de Servizos Sociais e Participación Veciñal da Pobra do Caramiñal sumarán esforzos para pór en marcha o proxecto cidadá de reivindicación histórica Memoria dos Lugares. Trátase dunha iniciativa que involucrará aos máis maiores e co que se buscará un dobre obxectivo: dunha banda, estimular o envellecemento activo facéndolle sentir a estas persoas que a súa sabedoría popular é parte do patrimonio inmaterial do municipio e, doutra, recoller esas testemuñas para crear “un auténtico mapa da memoria da Pobra”.

A concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, o presidente da Asociación de Veciños Ribeiriña-Conchido, Samuel Domínguez, e a facilitadora do proxecto, Arantza Villar, presentaron, esta mañá, o programa.

Por medio da iniciativa recolleranse historias, costumes e lendas vinculadas co municipio cunha proba piloto na Ribeiriña (Postmarcos). “A experiencia”, explicaron, “suporá non só a transmisión da historia por parte dos maiores, senón que se dará un paso máis: os relatos serán rexistrados en formato vídeo promovendo deste xeito a alfabetización dixital dos veciños e veciñas de maior idade”.

Máis adiante, o Concello valorará vincular esas gravacións á localización exacta onde acontece cada historia.

A iniciativa arrincará a vindeira semana cunha primeira sesión piloto no local social da Ribeiriña. Esta levarase a cabo en colaboración coa Asociación de Veciños Ribeiriña-Conchido o venres, 10 de outubro (17.30 horas), no centro sociocultural. Este encontro servirá como primeira toma de contacto do programa e nel explicarase en que consiste o proxecto e fixaranse, ademais, como e cando serán as seguintes dinámicas grupais, que se dedicarán xa á recollida destes relatos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.