A Pobra organiza un Obradoiro de Samaín para o favorecer a conciliación familiar e laboral

15 Outubro 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha, a través da Concellaría de Igualdade, unha nova edición do Obradoiro de Samaín, dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria.

A actividade desenvolverase nas instalacións do CEIP Salustiano Rey Eiras os días 31 de outubro (Día do Ensino) e 3 de novembro, en horario de 09:00 a 14:00 horas, con posibilidade de acceso ás 10:00 horas para quen o precise.

Ademais, tamén haberá dispoñíbeis servizos de madruga e comedor.

O obxectivo da iniciativa é “favorecer a conciliación da vida laboral e familiar durante estas dúas datas non lectivas, ofrecendo ao mesmo tempo un espazo lúdico e educativo para a rapazada”, explicou a Concellaría.

O prazo para formalizar a inscrición permanecerá aberto ata o martes 28 de outubro. O trámite deberá realizarse entregando o documento correspondente a través da sede electrónica municipal, no rexistro do Concello ou directamente no departamento de Igualdade.

O importe de inscrición é de 10 euros, cun desconto de 50 % para o segundo irmán ou irmá e gratuidade a partir do terceiro.

Para máis información, as persoas interesadas pódense poñer en contacto co departamento de Igualdade a través do correo electrónico igualdade@apobra.gal ou no teléfono 981 832 764 (ext. 6).

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.