A Pobra convoca este mércores 8 á veciñanza para o deseño do futuro modelo de recollida de lixo

06 Outubro 2025

O Concello da Pobra quere acada a máxima participación da veciñanza no deseño do seu futuro modelo de recollida de lixo. Para conseguilo, o Concello celebrará unha asemblea veciñal este mércores, 8 de outubro, ás 20.00 horas no auditorio da Biblioteca da Pobra.

Tal e como avanzou o concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, este encontro buscará un dobre obxectivo: “Dunha banda, expor á cidadanía as distintas alternativas para modernizar o sistema de xestión de residuos e, doutra, recoller as súas inquedanzas e peticións de cara a elixir a mellor opción posíbel”.

Durante a conferencia de prensa que tivo lugar no Consistorio este 6 de outubro, o concelleiro explicou que “se continúa traballando na próxima licitación do novo servizo”. Con todo, de cara a escoller o sistema máis axeitado para as necesidades do municipio, o Concello encargou un informe a unha compañía no que se especifica a situación actual e no que se propoñen, ademais, diversas alternativas para mellorar esta prestación.

Durante a súa intervención, o edil enumerou algúns dos resultados obtidos tras o estudo elaborado pola empresa. Entre eles, destacou a porcentaxe de residuos reciclados de xeito adecuado, que é inferior ao 20%. Así mesmo, indicou que a cifra de vidro separado de xeito incorrecto chega ao 50%. Ante estes números, Piñeiro incidiu na necesidade de “mellorar as cifras en todas as fraccións e de modernizar o sistema actual”. Neste sentido, apuntou os prexuízos a nivel medioambiental, pero explicou tamén que as novas normativas europeas e estatais “fixan un maior desembolso naqueles concellos que non separan o lixo de xeito axeitado, e isto vai ter un impacto directo entre a veciñanza”.

A nova licitación traerá consigo a implantación dun novo sistema, pero tamén a renovación dos contedores. Así mesmo, o Concello porá en marcha campañas de concienciación para promover o uso axeitado dos colectores entre a cidadanía.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...