A Pobra descubrirá á veciñanza os novos resultados das escavacións no xacemento da Corte do Santo

07 Outubro 2025
A escavación anterior

O Concello da Pobra do Caramiñal iniciou esta semana os labores de escavación no xacemento da Corte do Santo. Os traballos contan cun orzamento de máis de 2.000 euros de fondos municipais e darán continuidade aos realizados no 2024 neste mesmo lugar, segundo informaron fontes do Consistorio. Co obxectivo de dar a coñecer os novos resultados á cidadanía, o Concello celebrará este xoves, 9 de outubro, ás 18.30 horas unha visita guiada dirixida polo arqueólogo da prospección, Mario Ramos.

A actividade é gratuíta e de asistencia libre. A saída está prevista desde A Portela. Ao longo da mesma, o responsábel da sondaxe revelará ao público asistente os resultados obtidos ata o de agora, tanto os correspondentes coa sondaxe actual como os da última campaña.

As tarefas que están en marcha na Corte do Santo serán a continuación das do ano pasado, cando se confirmou a hipótese que vencella este xacemento ao momento final da plena Idade Media e ao inicio da baixa Idade Media. En concreto, unha das teorías con máis forza apuntan a que A Corte do Santo fose un lugar de culto, un pequeno oratorio do convento da Misarela.

A principal liña de traballo da prospección actual basearase en tratar de rematar a escavación das estruturas que foran localizadas na anterior campaña para afondar no seu coñecemento.

O alcalde, José Carlos Vidal, incide en que a recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial da Pobra do Caramiñal “é unha das nosas prioridades”. Un obxectivo que se continúa referendando, non só con estas escavacións, senón tamén con actividades como as xornadas de historia e patrimonio A Pobra do Caramiñal no tempo celebradas hai só unhas semanas, lembra Vidal. O rexedor anima á cidadanía a participar na visita deste xoves, que cualifica como unha “oportunidade única para saber máis da historia do noso municipio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.