A Pobra arranca o arranxo de varias vías da Tomada cun investimento de máis de 180.000 euros

21 Outubro 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal iniciou os traballos de renovación en varias vías do Polígono Industrial da Tomada. Segundo informaron dende o Goberno local, as actuacións levaranse a cabo en dúas fases e en zonas diferenciadas, sumando un investimento total de 180.360,71 euros. Dunha banda, parte dos labores están a realizarse na estrada de acceso ao parque industrial (a que une a rotonda de entrada á zona coa glorieta da avenida da Tomada) e, doutra, na que discorre polo interior do polígono.

O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Obras, Patricia Lojo, desprazáronse esta semana á zona para comprobar o inicio destas obras, coas o goberno local mantén unha aposta decidida por “reforzar as condicións de seguridade e mellorar o estado da Tomada, un motor económico para o municipio”.

No caso da vía de acceso á zona industrial, o Concello renovará a calzada por completo, acometendo tanto o fresado de pavimento de aglomerado asfáltico como o pintado da sinalización. En canto á que transcorre polo interior da Tomada, acometerase un fresado das zonas asfaltadas na actualidade para a posterior execución da nova pavimentación. Así mesmo, procederase ao repintado da sinalización na zona de actuación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.