A plataforma pola sanidade pública no Barbanza concéntrase novamente en Ribeira e na Pobra (este xoves e este venres)

30 Outubro 2025

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública no Barbanza vaise concentrar novamente esta semana, nestes días de remate de mes.

Será unha vez máis unha concentración en dúas quendas:

-Este xoves 30 de outubro ao mediodía, a partir das 12.00 no Centro de Saúde de Ribeira. O obxectivo será esixir a cobertura do cen por cen das prazas do persoal dos ambulatorios de Ribeira e de Aguiño. Máis en concreto, reclamarase a cobertura das prazas de médicas/os de familia en Ribeira.

-Ademais, este venres 31 ás 12.00 celebrarase tamén unha concentración na Pobra do Caramiñal, reclamando tamén a cobertura do cen por cen das prazas de medicina de familia.

Como de costume, a axenda inclúe a lectura de manifestos en defensa dun sistema sanitario público, universal e de calidade, que porán o foco na precariedade do servizo sanitario na comarca do Barbanza, que, segundo denuncian dende a plataforma, “levan anos sufrindo falta de medios e persoal” e “precisan medidas urxentes da Consellería de Sanidade para emendar unha situación, de por si crítica, que se agrava estas semanas de xullo e agosto coa chegada da poboación turista”.

Entre as principais queixas figuran a falta de médicas/os de familia, o colapso nas citas de atención primaria, a redución de servizos no hospital comarcal e a precariedade laboral do persoal sanitario. Os manifestantes tamén esixen máis recursos para a atención á saúde mental e unha maior cobertura nos centros periféricos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.