A II Mostra de Teatro de Porto do Son achegará ata o municipio sete obras entre outubro e novembro

07 Outubro 2025

O Concello de Porto do Son organiza a II Mostra de Teatro, un ciclo escénico que traerá sete obras de gran nivel á Casa da Cultura entre os meses de outubro e novembro. As representacións celebraranse ás 21:00 horas e combinarán propostas de humor, reflexión social e creación local.

A programación comezará o 18 de outubro con Vicio houbo sempre, unha peza de narración oral protagonizada por Atenea García, que recolle historias reais de mulleres maiores de 80 anos sobre o desexo, o pracer e a vida.

O 25 de outubro será a quenda de Golpes, da compañía aAntena, centrada na historia de Pamela e a aprendizaxe dunha relación que non debía vivir.

O 1 de novembro, Gallaecia Eventos presentará Cabaré Climático, unha proposta que mestura humor, música e reflexión sobre o cambio climático.

O 8 de novembro, a compañía Culturaactiva achegará Máis saaabor!, unha obra cómica para público infantil e familiar que promove a alimentación saudable con música, maxia e participación.

O 15 de novembro, Talía Teatro representará Un Deus Salvaxe, unha comedia sobre dous matrimonios que intentan resolver un conflito entre os seus fillos.

O 22 de novembro, o grupo local Mimarte presentará Nais en apuros, unha creación propia “feita na casa”, que promete emoción e humor.

A clausura será o 29 de novembro coa comedia D.E.P, de Malasombra, unha sátira sobre o egoísmo e as mentiras entre irmáns no reparto dunha herdanza.

As obras Vicio houbo sempre, Golpes e Nais en apuros serán de entrada libre, mentres que as restantes terán un prezo de 4 euros. As entradas estarán dispoñibles dende o 14 de outubro na Oficina de Cultura (de luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas) ou o mesmo día da función, só con pagamento mediante tarxeta bancaria.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.