A Deputación levará “Brazaletes”, a obra sobre o xesto de repulsa ao franquismo por parte de dous futbolistas, a Muros, Padrón e Noia

22 Outubro 2025

A área de dereitos civís da Deputación da Coruña levará a obra Brazaletes a 8 centros educativos da provincia. Así o anunciou a deputada Sol Agra, acompañada dos representantes da compañía Amorodio Teatro, Javier Castiñeira e Carmen Facorro.

Trátase dunha obra orixinal que reflexiona sobre o vínculo existente entre o fútbol e a política, a través dun monólogo escrito e protagonizado por Javier Castiñeira, baixo a dirección de Santiago Cortegoso, coa dramaturxia de Ernesto Is e co deseño de iluminación de Violeta Martínez. A súa estrea coincide cun fito histórico: o 50 aniversario dos últimos fusilados do franquismo. Ao día seguinte, dous futbolistas saltaron ao campo con brazaletes negros en memoria dos fusilados.

Malpica, Melide, Muros, Zas, Fene, Padrón, Noia e Negreira acollerán as representacións durante as vindeiras semanas, destinadas principalmente a alumnado dos centros educativos.

Luns 27 de outubro Auditorio do Centro Cívico de Malpica

Martes 28 de outubro Centro Sociocultural Mingos de Pita Melide

Mércores 29 de outubro Auditorio Municipal Muros

Xoves 30 de outubro Centro Sociocultural de Baio

Martes 4 de novembro IES de Fene

Mércores 5 de novembro Auditorio Municipal de Padrón

Xoves 6 de novembro Liceo de Noia

Venres 7 de novembro Centro Sociocultural de Negreira

“Brazaletes conta esa historia que non aparece nos libros de texto. Unha historia, como tantas outras, de protesta, nun tempo no que a protesta podía custarche a vida, unha protesta por dignidade, por visibilizar a nosa oposición e a nosa repulsa” sinalou a deputada, que tamén felicitou a Amorodio Teatro “por ser valentes, por levar ao teatro as verdades silenciadas pola historia que contaron os vencedores”.

Dende a compañía agradeceron á Deputación “a oportunidade” de divulgar esta historia entre a rapazada, así como da importancia de “significarse tamén no ámbito do fútbol, cunha gran influencia social”, e de que “a xuventude sinta o vínculo co teatro”, a través dunha historia de memoria e reflexión, sobre “unha España que hai que recordar para non repetir”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.