A Deputación destaca en Padrón as vantaxes de Mercanavila.gal para dinamizar a economía das vilas

17 Outubro 2025

A responsábel de Emprego, Industria e Medio Ambiente da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, resaltou este venres 17 de outubro, no concello de Padrón, a importancia de programas de dinamización comercial como o de MercaNaVila e a súa plataforma (Mercanavila.gal), impulsados pola Deputación en colaboración coa Federación Galega de Comercio para impulsar o pequeno comercio e a economía das das nosas vilas. Fíxoo durante a visita aos diferentes establecementos comerciais do concello de Padrón, nas que estivo acompañada polo alcalde de Padrón, Anxo Rei Arca, e a concelleira de Turismo, Festas e Emprego, Chus Campos.

A deputada explicou que MercaNaVila é un dos maiores programas de impulso ao consumo de proximidade activado en Galicia nos últimos anos. “Estamos a falar de 6 millóns de euros destinados a fomentar as compras nos comercios dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña”.

Nese sentido, a deputada insistiu na importancia deste tipo de ferramentas, que “impulsan e amparan aos establecementos que non só representan un piar fundamental para a vida cotiá destes concellos, senón que actúan como motor económico e como xerador de emprego das nosas vilas”.

Rosa Ana García explicou que xa hai máis de 800 pequenos negocios da provincia adheridos á campaña MercaNaVila, 23 deles en Padrón, e animou aos comerciantes padroneses a sumarse a unha iniciativa coa que a Deputación espera mobilizar 25 millóns de euros en vendas no pequeno comercio das vilas coruñesas.

Os comercios interesados en participar deberán inscribirse a través da plataforma habilitada pola Deputación entre o 6 e o 20 de outubro. Unha vez rematado o prazo de adhesión, a cidadanía poderá descargar nos seus teléfonos móbiles os seus bonos desconto, de ata 100 euros por persoa, a partir do 20 de outubro a través da web mercanavila.gal.

Estes bonos permitirán aplicar descontos automáticos de entre 5 e 15 euros en función do importe de cada compra, sempre que se realicen nos establecementos adheridos.

Os incentivos estarán dispoñibles ata o 20 de novembro ou ata que se esgote o orzamento.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.