A Casa RIA acollerá unha exposición que recolle o traballo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza

14 Outubro 2025
Xornadas divulgativas do Laboratorio Ecosocial do Barbanza

Logo de seis anos de traballo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, iniciativa promovida en 2020 pola Fundación RIA co apoio do grupo Histagra da Universidade de Santiago de Compostela e o CISPAC, a Casa RIA presenta esta semana unha exposición que recolle os resultados deste Laboratorio. Trátase dun proxecto pioneiro de investigación-acción e planificación territorial con seis anos de traballo e que desde o 2024 conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación,

Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Indo á exposición, dicir que se inaugura este xoves 16 de outubro na sede compostelá da Fundación RIA, entidade coordinadora do proxecto desde os seus inicios en 2020, amosando o potencial das comunidades de montes para inspirar modelos de xestión sostíbel e expandíbeis a propiedades particulares, demostrando que a cooperación e a planificación son ferramentas decisivas para

transformar o territorio e fortalecer a resiliencia ante os incendios forestais.

A mostra complétase cunha programación continua de actividades que se estenderán nos vindeiros meses. En Casa RIA celebraranse conversas e debates abertos ao público, mentres que no Barbanza terán lugar obradoiros, visitas, accións de formación e actividades de voluntariado.

A inauguración este xoves 16 comezará cun cóctel de benvida ás 18 h e estará aberta ao público xeral até completar aforo. Durante o acto realizarase unha breve presentación e proxectarase o vídeo explicativo do proxecto preparado para a ocasión.

Plantación de máis de 3000 castiñeiros

A exposición Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Un laboratorio vivo para a xestión multifuncional e a custodia colectiva do territorio, propón un percorrido polas principais fases e aprendizaxes do proxecto. A través de paneis, mapas, imaxes e materiais audiovisuais, os e as visitantes de Casa RIA poderán coñecer a partir do xoves 16 de outubro como o traballo conxunto das comunidades de montes do Barbanza está a reverter procesos de abandono agrario, impulsar economías locais e fortalecer a biodiversidade. O acceso á exposición é libre no horario de apertura da Casa RIA (Rúa Virxe da Cerca, nº 6, Santiago de Compostela. Horario: de luns a sábado, de 10 a 17 h). A mostra complétase cunha programación continua de actividades que se estenderán nos vindeiros meses, até o peche da mostra o día 24 de xaneiro.

O ciclo de encontros na Casa RIA incluirá cinco conversas sobre temáticas vinculadas ao proxecto, como: A xestión comunitaria do territorio (23 de outubro), O uso da madeira de proximidade na construción (6 de novembro), A gandería rexenerativa como ferramenta económica e ambiental (20 de novembro), O papel das comunidades na transición enerxética (4 de decembro) e A formación no medio rural (15 de xaneiro).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.