A campaña “Rianxo Latexa!” sortea 3 vales de 500 euros para gastar en negocios locais

14 Outubro 2025

A campaña Rianxo Latexa! posta en marcha pola patronal rianxeira (ARE) e o Concello para dinamizar o comercio local neste ecuador do mes de outubro, xa está en marcha tentando, en palabras da patronal, “encher de vida o noso comercio local”.

A ARE informou que a campaña desenvolverase entre o 13 e o 18 de outubro que un dos seus puntos fortes é o sorteo de 3 vales de 500 € para gastar nos negocios da vila.

A asociación empresarial compartiu deste xeito o modo de funcionamento da campaña:

-Fai a túa compra nun establecemento asociado.

-Leva o tícket ao posto informativo da praza do Concello e cámbiao por rifas (1 por cada 10 €, máximo 3 por tícket).

-Cómpre gardar as rifas até o sábado 18 ás 21:30 h, na praza de Castelao, momento no que se fará o sorteo en directo.

Por certo que a campaña de dinamización do comercio local Rianxo Latexa, é unha das cinco campañas galegas elixidas pola Xunta de Galicia dentro do novo programa O teu comercio local é extraordinario, destinada a poñer en valor o comercio de proximidade.

Podemos consultar toda a programación da campaña a través da web da asociación.

O programa inclúe unha ampla programación de actividades abertas á veciñanza e visitantes: feira do comercio, xogos, inchábeis, animación de rúa, actuacións musicais, maxia, clown, obradoiros e degustacións.

Como incentivo ás compras, celebrarase un sorteo presencial o sábado 18 de outubro ás 21:00 h na praza de Castelao, no que se repartirán tres vales de compra de 500 euros cada un para gastar nos establecementos locais adheridos.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.