A ABE entrega os premios da campaña Volta ao Cole e formaliza unha doazón de 400 € á Cruz Vermella de Boiro

09 Outubro 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) celebrou na tarde deste mércores 8 de outubro a entrega oficial dos premios da campaña Volta ao Cole: Cada compra suma, que pechou cun balance que a patronal cualificou de “extraordinario”. En total, rexistráronse 3.420 tíckets en só 26 días, a segunda cifra máis alta dende que se implantou o programa de fidelización da entidade, quedando a só 44 rexistros do récord histórico acadado no mes de agosto.


Daniel García (presidente ABE) entrega a doazón a Julio García Varela (presidente Cruz Vermella Boiro) e o portátil a Enma Ouviña.

O acto contou coa participación de Daniel García, presidente da ABE, e de Julio García Varela, presidente da Asemblea Local da Cruz Vermella en Boiro, quen recibiu unha doazón solidaria de 400 € en bonos ABE, que permitirán mercar material escolar nos establecementos asociados da vila.

A gañadora do sorteo final foi Enma Ouviña Castro, quen realizou a súa compra no establecemento da praza de abastos Congelados Digna. Por mercar no comercio local e rexistrar os seus tíckets na web da ABE, Enma non só contribuíu á doazón solidaria á Cruz Vermella de Boiro, senón que ademais resultou gañadora do premio final da campaña: un ordenador portátil HP, que lle foi entregado durante o acto.

Durante a campaña, que se desenvolveu entre o 10 de setembro e o 5 de outubro, cada tícket rexistrado xeraba 0,10 € de doazón para a Cruz Vermella. “O éxito da participación cidadá permitiu alcanzar unha cifra récord, e a ABE completou a cantidade final ata os 400 €”, explicou a ABE.

Esta achega permitirá á Cruz Vermella apoiar a familias con menos recursos na compra de material escolar, reforzando así a vertente solidaria da iniciativa.

Daniel García, presidente da ABE: “Estamos moi satisfeitos cos resultados desta campaña. Conseguimos mobilizar á veciñanza, reforzar o comercio local e, ademais, xerar un impacto social real. Cada tícket contou dobre: para apoiar ás nosas empresas e para axudar ás familias que máis o necesitan neste comezo de curso”.

Julio García Varela, presidente da Asemblea Local da Cruz Vermella en Boiro: “Agradecemos profundamente esta colaboración da ABE e, sobre todo, da cidadanía de Boiro. Esta doazón transformarase en material escolar para nenos e nenas da nosa contorna, facilitando que todas as familias teñan as mesmas oportunidades neste inicio de curso”.

O compromiso continúa

A ABE quixo agradecer a implicación de todos os negocios e persoas participantes que “fixeron posíbel este éxito colectivo, demostrando que o comercio local é tamén unha ferramenta de transformación social”. A entidade avanzou que seguirá “apostando por campañas con impacto económico e solidario, que reforcen os lazos da comunidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.