Xunta e universidades galegas lanzan a campaña O galego xa é teu para fomentar o uso da lingua

11 Setembro 2025

A Xunta de Galicia e as tres universidades galegas presentaron hoxe unha campaña conxunta para impulsar o uso do galego entre a comunidade universitaria, ao abeiro dun convenio no que o Goberno autonómico achega 30.000 euros. A iniciativa está coordinada pola Comisión Interuniversitaria de Normalización Lingüística e foi dada a coñecer polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen destacou que se trata da primeira acción deste tipo que se desenvolve entre as tres institucións académicas.

Baixo o lema O galego xa é teu, a campaña pretende chegar ás xeracións máis novas, un dos grupos prioritarios no marco do Pacto pola Lingua, plan impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con medidas inmediatas e a longo prazo para incrementar a presenza e prestixio do galego en todos os ámbitos sociais.

Segundo explicou García, a proposta busca xerar apego polo idioma no eido universitario, tanto nas aulas como nos espazos de socialización e actividades extracurriculares: “é un ámbito con gran peso para potenciar o galego”, apuntou, agradecendo a implicación da comunidade universitaria.

O acto contou coa presenza da vicerreitora de Igualdade e Diversidade da UDC, Cristina López Villar, a vicerreitora de Extensión Universitaria da UVigo, Susana Reboreda Moriilo, e o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala.

A campaña inclúe un vídeo a modo de tráiler cinematográfico, protagonizado por un superheroe cuxo poder é o galego, que se difunde nas redes sociais universitarias e nos portais web institucionais. Ademais, distribuiranse materiais promocionais coa imaxe da iniciativa, como camisolas, dirixidos ao alumnado.

Esta acción dá continuidade á liña marcada pola Xunta coa recente campaña Saca a lingua que levas dentro, á que se suman outras medidas como cursos específicos de galego, contidos dixitais ou actividades de lecer en centros escolares, todas elas orientadas a reforzar o uso do idioma no día a día.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.