Xoves 18, tempo seco e soleado e suba da temperatura

17 Setembro 2025

A xornada do xoves estará marcada en Galicia pola continuidade da influencia anticiclónica, que deixará tempo seco e ceos maiormente despexados, con presenza de nubes altas en determinados momentos.

No litoral norte poderán aparecer brétemas costeiras, mentres que no interior da provincia de Lugo non se descartan néboas matinais.

As temperaturas experimentarán un ascenso lixeiro a moderado, favorecendo unha sensación máis suave en boa parte do territorio.(30 graos)

En canto ao vento, soprarán frouxos e de dirección variable ao longo do día.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.