Vigo acolle este sábado a presentación de “Pifostio”, a nova obra do muradán Samuel L. París

26 Setembro 2025

Este sábado 27 de setembro ás 19:30h, a Galería Maraca (Vigo) acollerá a presentación de Pifostio (Xerais, 2025), o máis recente libro do escritor e poeta Samuel L. París. O autor estará acompañado pola investigadora e creadora Beatriz Romero para conversar sobre esta obra singular que reúne 61 pezas literarias a medio camiño entre o relato, a crónica, a sátira e a poesía.

A cita será este sábado ás 19.30 horas na Galería Maraca.

Pifostio é un compendio de sesenta e un artefactos narrativos atravesados polo fráxil e o indómito, a violencia e a tenrura, o delirio e o cotián. Nas súas páxinas aparecen elfos, Britney Spears, Carlos Alcaraz, System of a Down, un cocido, un exame, unha Dyson ou a monarquía, entre moitos outros elementos que conviven entre a ironía, a fantasía doméstica, a crítica social e o humor.

O libro explora as tensións entre o absurdo e o real, o inesperado e o recoñecíbel, compondo un mosaico de voces e situacións que revelan tanto a desmesura como a intimidade da experiencia contemporánea.

Sobre o autor

Samuel L. París (Muros, 1984) é escritor e poeta cunha traxectoria marcada pola experimentación formal e a constante procura de novos formatos de creación. Autor de poemarios como Manual da destrución (2008), Inflamable (2012), O único e verdadeiro deus das cousas que están feita un cristo (2024) ou O tenro é o salvaxe (2025), cultivou proxectos que van dende a autoedición manuscrita ata a poesía en postais.

En 2025 publica Pifostio con Edicións Xerais, a súa primeira obra narrativa extensa, confirmando a súa versatilidade literaria. Ademais do seu traballo como escritor, foi baixista de Terbutalina e Thee Blind Crows, e actualmente dirixe o programa mensual de poesía A Catapulta, emitido en directo en colaboración con El Salto.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.