Venres 19, ceos con nubes e claros e chuvascos treboentos no interior do país

18 Setembro 2025

Continuaremos este venres, San Xenaro, baixo a influencia das altas presións, aínda que con entrada de aire frío en altura, o que deixará unha xornada de ceos alternando nubes e claros.

Na metade interior da Comunidade agárdanse chuvascos ocasionais, que poderán ser localmente treboentos, mentres que no resto o tempo será máis estable.

As temperaturas mínimas rexistrarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenderán respecto ás da xornada anterior.

Os ventos soprarán de dirección variable pola mañá, para pasar a suroeste a partir do mediodía.

Fin de semana con chuvascos na comarca e caída da temperatura

meteogalicia

O noso mar; Vento variable á mañá e do sur á tarde e á noite, forza 1 a 2 á mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.