Venres 12, recuperase a influencia anticiclónica

11 Setembro 2025

Galicia comezará a recuperar este venres 12, Santa Uxía festivo local, a influencia anticiclónica. A xornada arrancará con néboas e nubes baixas no interior, pero co paso das horas os ceos iranse abrindo, especialmente na metade sur, onde pola tarde quedarán ceos despexados ou moi pouco anubrados.

As temperaturas manteranse sen cambios significativos, con lixeiros ascensos /21-22 graos) no sur da comunidade. Polo que respecta ao vento, soprará do oeste-noroeste, en xeral frouxo, aínda que con intervalos moderados no litoral norte.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á noite e 2 a 2.5 metros á tarde.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.