“Unha prenda no colo como sinal de identidade propia: a “kufiya” palestina”. Antón Luaces

23 Setembro 2025

Homes e mulleres identifican cunha prenda de vestir a súa loita reivindicativa polo seu territorio, Palestina (do que pouco máis que cascallos quedan após os constantes bombardeos israelís dos últimos dous anos): é a “kufiya” ou “kefiyeh”, un pano do colo palestino (prenda tradicional que se emprega para se protexer do sol e a calor ao tempo que se convirte en símbolo de identidade e resistencia no contexto do conflito palestino-israelí. 

Ten a “kufiya” un fondo significado cultural. Foi adoptada por figuras políticas como Yasser Arafat, quen a convertiu nun ícono de loita polos dereitos dos palestinos. É unha especie de bufanda de cadros en branco e negro, unha peza que se leva xeralmente arredor do colo ou na cabeza, convertida nun símbolo do nacionalismo palestino  que se remonta á “revolta árabe” de 1936-1939 en Palestina. Fóra de Oriente Medio e o Norte de África , a “kefiyeh” gañou popularidade por primeira vez entre os activistas que apoiaban aos palestinos no conflito con Israel, converténdose nun ícono da solidariedade palestina.

Usado tradicionalmente polos campesiños palestinos durante o período otomano , o “kafiyeh” indicaba que o portador do mesmo era rural, a diferenza do “tarbouche” que levaban as clases urbanas.

A “kefiyeh” en branco e negro que levaban os palestinos de toda caste convertíuse nun símbolo do nacionalismo palestino, especialmente durante a denomjnada “revolta árabe” do anos trinta.  Medrou en  popularidade e acadou o seu culme en 1938, cando a dirección da revolta ordenou que as clases urbanas substituiran os seus peiteados tradicionais pola “kefiyeh”. Deste xeito pretendía o movemento crear unidade e permtir que os rebeldes se incorporaran ás cidades.

No decenio dos 60 do século pasado aumentou a súa importancia co comezo do movemento de resistencia palestino e a súa adopción polo politico palestino Yasser Arafat, que rara vez compareceu sen el. Só de cando en vez levaba unha gorra militar ou, en climas máis fríos, un sombreiro de “ushanka” de estilo ruso.

Arafat levaba o seu “kefiyeh” dun xeito semi-tradicional, envolto arredor da súa cabeza mediante un “agal”. Tamén levaba unha prenda de tea con estampados semellantes aos da súa roupa militar. Desde o principio fixo unha “marca” ao colocar o foulard só no hombreiro dereito, en forma de triángulo, para semellarse aos contornos do territorio reivindicado por Palestina, cousa que non fixeron outros líderes palestinos. 

En 2006, p primeiro ministro de España, José Luis Rodriguez Zapatero, pronunciou un discurso no que criticou duramente a Israel. Dempois aceptou unha “kefiyeh” da cidadanía e se fixo fotografar levándoa posta.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.