Unha fronte pouco activa deixará chuvascos febles na metade norte de Galicia este domingo 14

13 Setembro 2025

Galicia vivirá este domingo unha xornada marcada polas altas presións e a circulación do suroeste, que traerá unha maior presenza de nubes na franxa atlántica e posibles orballos durante a mañá na comarca . No resto do territorio alternarán os claros e as nubes, con ceos máis despexados no interior da Comunidade.

Xa pola noite, a chegada dunha fronte pouco activa deixará precipitacións febles na metade norte, mentres que no sur o tempo se manterá máis estable.

As temperaturas rexistrarán un lixeiro a moderado ascenso, especialmente nos valores mínimos, que subirán de forma máis apreciable.

En canto ao vento, soprará do suroeste: moderado no litoral, con intervalos fortes en Bares pola tarde, e frouxo no interior.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e á noite e do sudoeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.