UCIN Boiro solicita á Xunta recursos urxentes para garantir a inclusión educativa no CEIP Praia Xardín

09 Setembro 2025

Desde UCIN Boiro compartiron un comunicado no que a agrupación mostra o seu “apoio total” ás familias, profesorado e ANPA do CEIP Praia Xardín, que levan semanas denunciando a falta de recursos no centro para atender de maneira axeitada ao alumnado con necesidades educativas especiais (NEE). UCIN sinala que “a ausencia de profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT), Audición e Linguaxe (AL) e dun segundo coidador fixo está a provocar unha situación de precariedade que compromete a igualdade de oportunidades, a seguridade e a integración real do alumnado”.

Ante esta situación, UCIN Boiro solicita á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a incorporación inmediata de profesorado especialista en PT e AL, así como a asignación dun segundo coidador fixo que garanta a seguridade e autonomía dos nenos e nenas con maiores necesidades. Ao mesmo tempo, engaden, “reclamamos un compromiso firme e estábel que asegure recursos suficientes no futuro, evitando que esta problemática volva repetirse nos próximos cursos”.

“A educación inclusiva é un dereito fundamental. Non se pode falar de calidade educativa sen garantir a atención adecuada a todos os alumnos e alumnas. A Xunta debe actuar de inmediato”, sinalan desde UCIN Boiro, facendo un chamamento á Xunta de Galicia para que “escoite as demandas das familias e da comunidade educativa, e dea unha resposta urxente e responsábel a esta situación que afecta directamente o presente e ao futuro dos nosos estudantes”.

Así mesmo, UCIN Boiro informou que xa presentou un escrito formal ante a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, no que se detallan estas demandas e solicítase unha resposta inmediata á problemática que vive o CEIP Praia Xardín.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.