Todo listo para a V Andaina Solidaria de JEALSA, este domingo 28 dende a praza de Galicia, Boiro

26 Setembro 2025

Este domingo 28 de setembro toca poñernos as botas de camiñar, con motivo da celebración da quinta edición da Andaina Solidaria JEALSA. Será a partir das 10.00 horas con saída dende a praza de Galicia e en beneficio da Fundación Stop Leucemia. Será unha camiñada solidaria pero tamén pet friendly, polo que as persoas que queiran participar poderán facelo na compaña das súas mascotas. A doazón será de seis euros e o percorrido terá unha distancia de dez quilómetros. A andaina está impulsada pola conserveira boirense JEALSA. As inscricións poden facerse de maneira presencial nas oficinas da empresa en Boiro (entrada pola rúa de JEALFER) en horario de mañá ou a través da web Emesports.

Na anterior edición contouse coa participación dun milleiro de participantes, entre camiñantes e ciclistas solidarias/os.

O recadado na andaina do ano pasado foi dar tamén á oficina compostelá da organización Stop Leucemia (para investigar na loita contra esta doenza poñendo o foco nos novos avances tecnolóxicos). O percorrido, accesíbel e doado de camiñar, foi de dez quilómetros.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.