“Sr. Ministro, por favor!” – Xulio Xiz

18 Setembro 2025

Jei Noguerol, lucense de Viveiro, triunfaba en 1971 coa canción “Señor Ministro, por favor”, na que pedía ao dignatario que lle amañase a estrada, que máis parecía un camiño e non se podía andar por ela. Como argumento poderoso esgrimía a necesidade de poder ir ver a moza distante, cousa que a estrada non permitía.

Suponse que por solucionar peticións coma está o ministro Puente, de estradas e trens, foi premiado na Milagrosa lucense, axudando a esa distinción que a súa familia teña vencellos con Sarria, e dificultándoa que sexa o ministro menos popular do goberno.

Eu antes os problemas de estómago amañábaos cunha copa de xenebra, pero agora non podo tomar alcohol, polo que me dura o sufrimento experimentado cando o ministro di que Renfe vai denunciar a Galicia e Castela-León reclamando indemnizacións millonarias porque polos incendios os seus trens tiveron que parar perdendo millóns de euros.

Só a mención de algo tan infame cualifica a un servidor público que ben podería ser substituído por unha intelixencia artificial que reaccionase mecanicamente a calquera incidencia rutinaria.

Se esa demencial situación se producise, a retirada de calquera distincións lucense seria a medida mínima máis inmediata, e as institucións deberían pedir a súa dimisión, declaralo persoa non grata, e agradecerlle á Renfe a distancia que sempre mantivo coas terras de Lugo. Se as palabras do ,inistro fosen pronunciadas o Dia dos Inocentes, pensaríamos que fóra unha broma de mal gusto. Como era setembro, haberá que pensar que os rigores da calor o afectaron, agardemos que non de xeito irreversible.

Outros artigos

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

+

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

+

“O pano negro” – Lois Alcayde Dans

Supoño que, como lle ocorre a moita xente, cando abro o meu álbum familiar máis vello, as fotos en branco e negro teñen de paisaxe tanto o campo como a cidade. Ambos aparecen coa normalidade do mesmo paso do tempo. Nas imaxes, o escenario de fondo faise difícil de...

+

“Galicia hace las cosas bien”. José Castro López

Cuando el ruido político parece imponerse al análisis sereno, resulta especialmentereconfortante leer el informe del Foro Económico de Galicia que, integrado porprofesores e investigadores, empresarios, directivos y periodistas de referencia, invita amirar la realidad...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Empeza a Festa da Dorna. Luís Pérez Crujeiras

Empeza a Festa da Dorna. Luís Pérez Crujeiras

A fanequeira da peña dorneira As Caracolas ou chiringuito azul do Touro na curva co espello instagrameable, convertiuse no concello de Ribeira por unha tarde durante a celebración do enjamento dorneiro do venrres 17. Onde os dorneiros decoraron ata a entrada o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.