Santiago acolle unha xornada para lembrar as últimas execucións do franquismo

27 Setembro 2025

Este, sábado 27 de setembro, Santiago é escenario da xornada “As últimas execucións da ditadura franquista: 50 anos. Feitos. Testemuños. Memoria”, un acto que busca rememorar os últimos fusilamentos realizados baixo o réxime de Francisco Franco e reflexionar sobre o seu contexto histórico.

A actividade, organizada polo Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en Liberdade e o grupo de investigación HISTAGRA-CISPAC da Universidade de Santiago de Compostela (USC), celebrarase en dous espazos emblemáticos.

A primeira parte terá lugar no Paraninfo da USC ás 17:00 horas, cunha mesa redonda de especialistas en historia e memoria histórica. Entre os participantes figuran Magda Oranich, avogada e xornalista defensora de Jon Paredes “Txiki”, un dos fusilados; o historiador Ismael Saz, catedrático de Historia Contemporánea da Universitat de València; e o xornalista Jesús Rodríguez, do País. A sesión será moderada por Carmina Gustrán, comisionada para a conmemoración.

A partir das 19:00 horas, a xornada trasladarase ao cinema NUMAX, onde se proxectarán dous filmes que documentan aqueles feitos: primeiro o curtametraxe “Expediente” (Manuel R. Coroado e Carlos Rodríguez, 1977), premiado no Festival de San Sebastián, e despois “Setembro do 75” (Adolfo Dufou, 2009), que narra a loita da familia de José Humberto Baena por reivindicar a súa inocencia. Tras as proxeccións, abrirase un diálogo cos organizadores e expertos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.