Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará as súas festas do Santísimo do 12 ao 16 de setembro

10 Setembro 2025

A parroquia de Santa Cruz de Lesón prepárase para vivir cinco días de intensa celebración con motivo das festas do Santísimo, que están previstas para os días comprendidos entre o 12 e o 16 de setembro. O programa, foi presentado o pasado 26 de agosto pola concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e Javier Sanisidro, representante da comisión de festas, inclúe música e actividades para todas as idades.

A edil destacou que “estas festas son un punto de encontro para os veciños e veciñas” e agradeceu “a todas as persoas que integran a comisión polo seu traballo ao longo de todo o ano, que permite que esta parroquia goce de cinco días de celebración con actividades variadas para todos os públicos”.

Os festexos darán comezo o venres 12 de setembro ás 20.00 horas co concerto dos grupos Open Drink e Kolokón, aos que seguirá a música de DJ Jalaiko.

O sábado, día 13, a troula comezará ás 12.00 horas cunha sesión vermú amenizada por DJ Tatami, patrocinada por Fariña Bretal. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, os máis pequenos e pequenas poderán gozar de xogos populares e agasallos, seguidos dun obradoiro de pintar caras entre as 18.00 e as 20.00 horas, ademais de inchábeis que estarán dispoñíbeis ata as 21.00 horas. Ás 19.00 horas celebrarase unha gran mexilloada e empanada de balde para todas as persoas asistentes. Xa pola noite, ás 21:00 horas terá lugar o concerto do grupo Amores de Barra e, a partir das 23.00 horas, volverá a música de DJ Tatami para pechar a xornada por todo o alto.

O domingo 14, a partir das 10.00 horas, as rúas encheranse de música coa ruada dos grupos de gaitas Jaitas Blue e Xiada. Ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne na honra do Santísimo de Santa Cruz de Lesón, seguida da tradicional procesión e sesión vermú.

Os actos relixiosos continuarán o luns 15 coa misa solemne na honra de San Roque (18.00 horas), seguida da procesión acompañada polo grupo de gaitas Xiada. As festas pecharanse o martes 16 tamén coa misa solemne na honra de San Xosé (18.00 horas), que tamén irá acompañada dunha procesión co grupo de gaitas Xiada. Poñerase, así, o broche de ouro a cinco días de celebración, música e tradición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.