“Sans e salvos os patróns galegos do pesqueiro Tafra 3 afundido o venres pola mañá en augas mauritanas”. Antón Luaces

13 Setembro 2025

Proa ao sol. Así afundiu fronte á costa mauritana entre o lusco-fusco do venres galego  o  pesqueiro Tafra 3, antigo Playa de Loureiro, de 34 metros de eslora, exportado ao caladoiro mauritano no ano 2023. No afundimento do barco desapareceron cinco tripulantes mauritanos que se dan xa como desaparecidos e, probablemente estean no seu interior. Os tripulantes galegos son Javier Gestido Piñeiro e José Manuel Diz Garcìa, ambos os dous patróns que, xunto con outro español de Huelva, permanecen nun hotel do porto de Nuadibú, capital de Mauritania.

O afundimento, extremadamente rápido a causa dos danos provocados na abordaxe protagonjzada polo arrastreiro peláxico Right Whale, con bandeira de Gambia e armador lituano, tivo lugar nunha zona atlántica de escasa profundidade (31 brazas) que permitiría a súa recuperación de non ser polos danos causados (un amplo furaco no costado do buque factoría de 105 metros de eslora) a altura da bodega que, probablemente, tamén afectou á sala de máquinas e cuxa reparación após o refrotamento do pecio non sexa asumida polos armadores. 

O “may day” de socorro activóuse ás 20,40 (hora española) do venres. O patrón galego José Manuel Diz García precisou de atención médica por un corte na cabeza ao que se aplicaron puntos de sutura. Ambos os tripulantes atópanse en bo estado, ao igual que o onubense. Os outros 18 truipulantes permanecían a bordo dos distintos barcos que os rescastaron. 

O Tafra 3 pertence á armadora Baipesca, de Vigo, propiedade de Genaro Martínez. 

A que remata foi unha semana moi negativa para o sector pesqueiro galego, por accidentes rexistrados no mar que, en boa hora, non tiveron graves consecuencias persoais. 

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.