Sábado 20, choivas e un acusado descenso das temperaturas

19 Setembro 2025

Unha fronte fría deixará choivas e un acusado descenso das temperaturas

A chegada dunha fronte fría marcará o tempo deste sábado en Galicia, cunha xornada na que se prevén precipitacións xeneralizadas e unha baixada notable das temperaturas.

Segundo a previsión, os ceos estarán cubertos desde primeira hora, con choivas que comezarán polo litoral da Coruña e que, co avance da mañá, se estenderán ao resto da Comunidade.

Xa pola tarde, as precipitacións tenderán a remitir, abríndose claros polo oeste a medida que avance o día.

O vento soprará inicialmente moderado do oeste-suroeste no litoral, pero rolará a noroeste co paso da fronte, arrastrando aire moi frío detrás.

O descenso térmico será xeneralizado, facendo que a sensación de outono se instale xa de cheo en Galicia(23-21).

O domingo unha borrasca situada nas Illas Británicas xerará moita inestabilidade con aire frío en altura. Con isto, teremos chuvascos que se irán estendendo a todo o territorio co transcurso do día, serán máis intensos na metade norte. As temperaturas sufrirán un moderado descenso,20-17 graos máxima) especialmente nos valores mínimos. O vento soprará moderado de compoñente norte.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.