Rois mellorou o patio exterior da escola infantil A Galiña Azul cunha achega da Xunta

02 Setembro 2025

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitaron as instalacións da escola infantil A Galiña Azul e comprobaron o resultado das obras de mellora do patio exterior. O Concello de Rois vén de colocar caucho continuo no chan grazas a unha achega do Consorcio.

O ente autonómico financiou con preto de 16.000 euros a substitución do caucho existente no patio por pavimento continuo, o que mellora a seguridade das nenas e nenos ante posíbeis caídas.

O Cncello contratou e executou os traballos, que se levaron a cabo este verán, mentres que o Consorcio encargouse de sufragalos con cargo ás liquidacións pola prestación do servizo.

Estas obras forman parte das melloras realizadas durante a época estival nas escolas infantís do Consorcio de cara a acondicionalas para o regreso ás aulas, que será este venres día 5 de setembro.

Na visita ás instalacións tamén participaron a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Basante, e o director da escola infantil.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.