Ribeira rende tributo á súa patroa coa misa e a procesión que marcan o inicio das Festas de Santa Uxía

12 Setembro 2025

Este 12 de setembro, festivo local en Ribeira, arrincaron as Festas de Santa Uxía 2025. Comezou coa tradicional misa solemne na honra de Santa Uxía, patroa de Ribeira, ás 12:00 horas na Igrexa Parroquial.

Logo celebrouse a procesión polas rúas da cidade, que contou coa presenza de centos de veciñas e veciñas. Na comitiva participaron tamén todos os grupos da Corporación Local e os membros do equipo de Goberno, acompañando ao párroco Alfonso Mera e aos integrantes da Unidade Pastoral de Ribeira, entre os que se atopaban os sacerdotes Ndongo Sylvestre e Sidonio José Alves da Sousa. Tamén estiveron presentes os patróns maiores de Ribeira e Aguiño-Carreira, José Antonio Pérez Sieira e José Antonio Santamaría.

Máis actividades

Este venres día 12 ás 23:00 horas recalará na praza do Concello o espectáculo-concerto Corazón Oxidado: Tributo a Fito y Fitipaldis.

O sábado 13 será a quenda da V Ruada do Traxe Aires de Dorna que sairá da carpa municipal para percorrer as rúas de Ribeira e rematar no auditorio municipal co Desfile do Traxe.

Na mesma xornada do sábado terá lugar na praza do Concello o concerto de Kiko Veneno ás 11:00 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.