Ribeira presenta a súa proposta alternativa de circunvalación, “unha solución máis integrada, sostíbel e beneficiosa para a veciñanza”

26 Setembro 2025

O Concello de Ribeira presentou o proxecto alternativo de circunvalación deseñado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Román Gómez Fraiz. Na presentación, celebrada este 26 de setembro no Auditorio Municipal, tamén estivo o alcalde, Luís Pérez Barral, acompañado de membros da Corporación Municipal. O rexedor referiuse a que con este proxecto “cúmprese co compromiso adquirido diante da veciñanza e que pretende ser un modelo de desenvolvemento máis acorde á actualidade dende o punto de vista urbanístico, ambiental e social”.

Un proxecto pensado para as persoas”

A proposta municipal aposta por mellorar o trazado xa existente da estrada DP-7301, entre Xarás e a capela de San Roque, conectando desde aí co centro urbano a través dun novo viario que enlazaría coas rúas Ameneiro, Mariño de Rivera e Constitución. Este itinerario permitirá que o tráfico procedente de Porto do Son, Oleiros, Corrubedo, Olveira, Artes ou da autovía AG-11 chegue directamente ao ámbito do aparcadoiro do Centenario e aos dous disuasorios gratuítos, facilitando a mobilidade e reducindo a presión do tráfico no centro, sinalou.

Ademais, engadiu que “a mellora da DP-7301 beneficiaría directamente á poboación de Aguiño e Carreira, que gañaría unha conexión máis segura con Xarás e coa autovía”.

Un proxecto avalado por criterios técnicos

O Estudo de Alternativas avalía tres opcións diferentes de trazado. Tras analizar criterios funcionais, ambientais, territoriais e económicos, a Alternativa 1, defendida polo Concello, resulta a máis recomendada con diferencia, cunha puntuación global de 53,45 puntos, fronte aos 47,23 da Alternativa 2 e os 36,54 da Alternativa 3. Segundo o informe técnico, esta alternativa é “a máis equilibrada en termos de seguridade viaria e calidade do trazado; minimiza a afección ambiental e patrimonial, evitando impactos relevantes sobre zonas naturais sensíbeis; achega maior permeabilidade territorial, mellorando a accesibilidade ao Parque Periurbano de San Roque e evitando afeccións en núcleos poboacionais como Frións e por último no ámbito económico suporía un custe de 6,5 millóns de euros, asumíbel para unha infraestrutura desta importancia fronte os máis de 10,3 millóns de euros previstos no proxecto da Xunta, por tanto o trazado do Concello implicaría un aforro de case 4 millóns de euros”.

Dende o punto de vista da viabilidade custo-beneficio despréndese que “a proposta da Xunta contempla unha obra de maior magnitude e máis custosa algo que aumenta o risco de atrasos e sobrecustes”, explicou o Concello.

Un proxecto que mira ao futuro

O alcalde destacou que, aínda que este trazado non figura no Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente -de hai máis de 23 anos-, si está plenamente aliñado coa Axenda Urbana de Ribeira e co Plan de Mobilidade Sostíbel, aprobado por unanimidade da Corporación. “Este proxecto non só dá resposta ás necesidades actuais de mobilidade, senón que tamén senta as bases dun desenvolvemento máis sostíbel, con maior seguridade viaria e centrado nas persoas. Supón un avance claro fronte á proposta da Xunta, que dividiría o municipio e afectaría negativamente a espazos de gran valor como o parque de San Roque ou diversos núcleos de poboación”, subliñou o rexedor.

Na presentación pública aberta que se fixo á poboación e aos grupos da Corporación Municipal, o goberno informou de que o proxecto tamén será remitido ás administracións competentes para que poida ser avaliado e poranse a disposición da Xunta para poder analizar os detalles que permitan desenvolver en Ribeira unha infraestrutura tan necesaria como a circunvalación.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...