Ribeira prepárase para celebrar as Festas de Santa Uxía 2025

11 Setembro 2025

A cidade de Ribeira acollerá os días 12 e 13 de setembro as tradicionais Festas de Santa Uxía, cun programa que combina actos relixiosos, culturais e musicais.

O venres 12 abrirá a xornada ás 11:00 horas co Camiño de Valverde, LARP no Parque Natural do Vilar, unha actividade que require reserva previa. Ás 12:00 horas terá lugar a tradicional Misa solemne en honra de Santa Uxía, na igrexa parroquial, para posteriormente celebrararse a procesión polas principais rúas da cidade e rematar cun ágape parroquial no atrio do templo. Xa pola noite, ás 23:00 horas, a praza do Concello vibrará co concerto de Corazón Oxidado, un tributo a Fito & Fitipaldis.

O sábado 13 será a quenda da V Ruada do Traxe Aires de Dorna, que comezará ás 18:30 horas coa saída dende a carpa municipal e continuará cun desfile no Auditorio Municipal. Como peche das festas, ás 23:00 horas, o escenario da praza do Concello acollerá o concerto de Kiko Veneno, unha das propostas musicais máis destacadas desta edición.

As festas, organizadas polo Concello de Ribeira coa colaboración da Deputación da Coruña, a U.P.A. Ribeira e diferentes colectivos locais, volverán encher a cidade de tradición, música e convivencia veciñal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.